Valdeorras, Galicia / Agosto — Outubro

Nove lugares.
Un territorio.
Mil historias.

A cultura sae ao camiño. Música, cine, humor e natureza en nove concellos que teñen moito que contar. E un percorrido para vivilo todo.

Dun castro a unha adega.
Dunha praia ao cumio da montaña.

O territorio é o escenarioAmpliar
Mapa interactivo das nove estacións de V NOVE Nove concellos separados, co río Sil, o Camiño de Inverno e unha parada cultural en cada territorio.
01

Larouco

Parada seleccionada

13 de agosto · 20:30 h

Susana Seivane

O Castrillón

Ver actividade
Preme nun concello e descubre a súa historia

01 A programación

Atopa o teu plan.

Hai unha cita para cada xeito de sentir.
Escolle a túa e déixate levar polo territorio.

9 actividades · 9 concellosAgosto — Outubro

Cada lugar ten o seu ritmo. Consulta os horarios e as condicións de acceso na ficha de cada actividade.

02 O proxecto

Non hai un escenario.
Hai un percorrido.

V NOVE é un itinerario cultural polos nove concellos de Valdeorras. Un encontro coa música, a memoria e a paisaxe, seguindo o fío do Sil e do Camiño de Inverno.

Dun castro a unha ponte. Dunha adega a unha canteira. Porque a cultura tamén é unha maneira de coñecer o lugar que habitamos.

Coñece as nove paradas

03 Antes de saír

Prepara a túa
próxima parada.

Un pouco de información para gozar
do camiño con calma.

As actividades son de balde?

Hai propostas de entrada libre e outras con entrada de pago. Na ficha de cada actividade atoparás o prezo ou a información de acceso dispoñible.

Onde se celebra cada cita?

Cada parada está nun concello de Valdeorras. Explora o mapa interactivo e abre a ficha para coñecer o espazo e a información práctica.

Que convén levar?

Moitas citas son ao aire libre. Consulta a previsión do tempo e as recomendacións da ficha. Para as rutas e os espazos naturais, leva calzado cómodo e roupa axeitada.

Pode cambiar a programación?

Revisa a ficha antes de saír. O concerto de Son Galaico na Praia dos Franceses figura cunha nova data: o 7 de setembro ás 20:00 h.